inicio_head
Facultade de Socioloxía
_0002_s2
_0001_s3
previous arrow
next arrow

A Facultade de Socioloxía abre as súas portas en A Coruña no ano 1990 para a impartición da Licenciatura de Socioloxía que, posteriormente, adaptouse según os requisitos do Espacio Europeo de Educación Superior, no Grao de Socioloxía. Neste Centro Académico estanse a impartir tres titulacións de Mestrados Oficiais que poden interpretarse como itinerarios de especialización da disciplina sociolóxica: ‘Máster Universitario Oficial de Políticas Sociais: Xénero, Migracións e Envellecemento’, o ‘Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos’ e o ‘Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social ’. A Facultade de Socioloxía tamén é a Sede do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento.

FUTUROS ESTUDANTES

EXAMES GRAO SOCIOLOXÍA

HORARIOS GRAO SOCIOLOXÍA

BIBLIOTECA

PRÁCTICAS PROFESIONAIS

MESTRADOS

Green Campus

O Programa Green Campus ocupase da implementación dos procedementos de xestión ecolóxica nas universidades. Desde o ano 2018 a Facultade de Socioloxía participa no programa a través de iniciativas centradas na promoción da responsabilidade social como parte da sustentabilidade. Estase a traballar especialmente en fomentar valores colaborativos que potencien unha educación para o desenvolvemento e promover ámbitos de transferencia da aprendizaxe nas aulas cara ao exterior.

NOTICIAS

Comments Box SVG iconsUsed for the like, share, comment, and reaction icons

Novo Seminario na Facultade!

O seminario internacional "Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques feministas para os estudos das migracións internacionais" ten como obxectivo promover un espazo de debate académico e reflexión crítica en torno ás relacións entre xénero, migracións, coidados e desigualdades globais.

O seminario reunirá investigadoras e especialistas de universidades de 8 países (Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Francia, Portugal e Alemaña), e as relatoras caracterízanse pola súa achega multidisciplinar dentro do campo das ciencias sociais —a socioloxía, a antropoloxía, a ciencia política, os estudos de xénero e a xeografía—. Ademais, contará coa participación de activistas polos dereitos das persoas migrantes, profesionais do terceiro sector e administracións públicas que loitaron, analizaron, lexislaron e traballaron para mellorar e ampliar os dereitos das traballadoras do emprego do fogar en España.

As inscricións para o seminario están abertas e podedes anotarvos a través do enlace que deixamos en comentarios 😉
... Ver másVer menos

Novo Seminario na Facultade!  O seminario internacional Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques feministas para os estudos das migracións internacionais ten como obxectivo promover un espazo de debate académico e reflexión crítica en torno ás relacións entre xénero, migracións, coidados e desigualdades globais.  O seminario reunirá investigadoras e especialistas de universidades de 8 países (Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Francia, Portugal e Alemaña), e as relatoras caracterízanse pola súa achega multidisciplinar dentro do campo das ciencias sociais —a socioloxía, a antropoloxía, a ciencia política, os estudos de xénero e a xeografía—. Ademais, contará coa participación de activistas polos dereitos das persoas migrantes, profesionais do terceiro sector e administracións públicas que loitaron, analizaron, lexislaron e traballaron para mellorar e ampliar os dereitos das traballadoras do emprego do fogar en España.  As inscricións para o seminario están abertas e podedes anotarvos a través do enlace que deixamos en comentarios 😉

HOXE!

📅 Martes, 13 de outubro, de 10:45 a 14:00 h.

Salón de graos Socioloxía.Non vos perdades estas novas xornadas organizadas na nosa facultade!

Un encontro arredor da investigación cualitativa e da historia oral como ferramentas para romper o silencio, recuperar as voces e reconstruír as experiencias de mulleres que durante décadas quedaron fóra dos relatos dominantes.

Tomando como fío condutor o Padroado de Protección á Muller, o seminario propón un percorrido que parte da investigación e do testemuño en primeira persoa para explorar tamén outras formas de narrar e facer chegar estas memorias á cidadanía, a través do audiovisual e do teatro.

Portas abertas.
... Ver másVer menos

HOXE!  📅 Martes, 13 de outubro, de 10:45 a 14:00 h.  Salón de graos Socioloxía.

Máis seminarios na facultade!

📢 SEMINARIO | XÉNERO E POLÍTICA

Este martes, 13 de outubro, comeza o seminario Xénero e Política, con dúas sesións dedicadas aos retos da aplicación dos plans de igualdade nas organizacións e aos movementos anti-xénero en España e na Unión Europea.

📅 13 de outubro | 16:00 h
🎙️ Rocío Fraga, socióloga e técnica de igualdade.
Plans de igualdade en empresas e organizacións: retos e barreiras.

📅 17 de novembro | 16:00 h
🎙️ Lucrecia Rubio Grundell e Silvia Díaz Fernández, investigadoras RyC-CSIC.
Movementos anti-xénero en España e a UE: resistencias e debates feministas.

📍 Sala de Xuntas da Facultade de Socioloxía (UDC) e en liña.

Portas abertas.
... Ver másVer menos

Máis seminarios na facultade!  📢 SEMINARIO | XÉNERO E POLÍTICA  Este martes, 13 de outubro, comeza o seminario Xénero e Política, con dúas sesións dedicadas aos retos da aplicación dos plans de igualdade nas organizacións e aos movementos anti-xénero en España e na Unión Europea.  📅 13 de outubro | 16:00 h
🎙️ Rocío Fraga, socióloga e técnica de igualdade.
Plans de igualdade en empresas e organizacións: retos e barreiras.  📅 17 de novembro | 16:00 h
🎙️ Lucrecia Rubio Grundell e Silvia Díaz Fernández, investigadoras RyC-CSIC.
Movementos anti-xénero en España e a UE: resistencias e debates feministas.  📍 Sala de Xuntas da Facultade de Socioloxía (UDC) e en liña.  Portas abertas.

Non vos perdades estas novas xornadas organizadas na nosa facultade!

Un encontro arredor da investigación cualitativa e da historia oral como ferramentas para romper o silencio, recuperar as voces e reconstruír as experiencias de mulleres que durante décadas quedaron fóra dos relatos dominantes.

Tomando como fío condutor o Padroado de Protección á Muller, o seminario propón un percorrido que parte da investigación e do testemuño en primeira persoa para explorar tamén outras formas de narrar e facer chegar estas memorias á cidadanía, a través do audiovisual e do teatro.

Portas abertas.
... Ver másVer menos

Non vos perdades estas novas xornadas organizadas na nosa facultade!  Un encontro arredor da investigación cualitativa e da historia oral como ferramentas para romper o silencio, recuperar as voces e reconstruír as experiencias de mulleres que durante décadas quedaron fóra dos relatos dominantes.  Tomando como fío condutor o Padroado de Protección á Muller, o seminario propón un percorrido que parte da investigación e do testemuño en primeira persoa para explorar tamén outras formas de narrar e facer chegar estas memorias á cidadanía, a través do audiovisual e do teatro.  Portas abertas.

Comenta en Facebook

📢 AVISO IMPORTANTE: CAMBIO DE UBICACIÓN Por mor dunhas obras na Casa do Estudantado, o seminario «Mulleres, memoria e investigación cualitativa» celebrarase finalmente no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña). 📅 Martes, 13 de outubro, de 10:45 a 14:00 h. Mantéñense a data, o horario e o programa. Só cambia o lugar de celebración. Desculpade as molestias e moitas grazas pola difusión!

Lembrade que aínda está aberto o prazo de inscrición ás Xornadas de Orientación Profesional de Socioloxía.

O prazo remata mañán ás 19h.

A inscrición é obrigatoria para acceder ao acto e para obter certificado de asistencia da UDC.

+ info e enlace en comentarios.

Agardámosvos! ☺️
... Ver másVer menos

Lembrade que aínda está aberto o prazo de inscrición ás Xornadas de Orientación Profesional de Socioloxía.  O prazo remata mañán ás 19h.  A inscrición é obrigatoria para acceder ao acto e para obter certificado de asistencia da UDC.  + info e enlace en comentarios.  Agardámosvos! ☺️
Leer más