O mércores, 19 de setembro tivo lugar o acto de investidura como doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña do catedrático Boaventura de Sousa Santos.
Boaventura de Sousa Santos é Catedrático xubilado da Facultade de Economía da Universidade de Coimbra, Distinguished Legal Scholar da Facultade de Dereito da Universidade de Wisconsin-Madison e Global Legal Scholar da Universidade de Warwick. É igualmente director do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra e Coordinador Científico do Observatorio Permanente da Xustiza Portuguesa. Ademais é coordinador científico dos Programas de Doutoramento: Human Rights in Contemporary Societies; Democracia no século XXI e Post- Colonialismos e Cidadanía Global. Foi tamén cofundador do programa de doutoramento de Dereito, Xustiza e Cidadanía no Século XXI. Ten traballos publicados sobre a globalización, socioloxía do dereito, epistemoloxía, democracia e dereitos humanos. Os seus traballos encóntranse traducidos ao español, ao inglés, ao italiano, ao francés, ao alemán e ao chinés.