Doutoramento

O Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento ten unha longa tradición na formación de doutores e de doutoras a través dos diferentes departamentos e áreas de coñecemento participantes na Facultade de Socioloxía, e das cinco áreas do Departamento de Psicoloxía que ten a súa sede na Facultade de
Ciencias da Educación. O seu coordinador é D. Pablo Clemente Espinosa Breen (pablo.espinosa.breen@udc.es)

Nel participa profesorado dos grupos de investigación ECRIM (Criminología, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI), o de Diagnóstico molecular e conductual
aplicado á saúde (DICOMOSA), o Grupo de Investigación de Psicoloxía Experimental (GIPE), o GRIPA (Grupo de Investigación Persoa Ambiente) do Departamento de Psicoloxía, o ESOMI (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais), o GET (Grupo de Estudos Territoriais), o OSIM (Organizacións Sociais, Institucións e Mercados) ou o Grupo de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO).

Este programa integra 6 Departamentos e 11 áreas de coñecemento. As áreas son:

  • Antropoloxía Social
  • Ciencia Política e da Administración
  • Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
  • Fundamentos de Análise Económica
  • Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais
  • Metodoloxía de Investigación das Ciencias do Comportamento
  • Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
  • Psicobioloxía
  • Psicoloxía Básica
  • Psicoloxía Social
  • Socioloxía
  • Este é o único programa de Doutoramento da UDC que abarca no seu conxunto ás Ciencias Sociais e do Comportamento. Fronte a outros máis centrados en aspectos moi
    concretos, neste abórdanse a maioría dos campos de investigación tanto das Ciencias Sociais como do Comportamento.
    A presente proposta de Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento obedece a unha reorganización e integración de ofertas previas da Universidade da Coruña dirixidas á formación de doutores e doutoras. Estes programas previos adscribíanse a diferentes departamentos e áreas de coñecemento que obedecían a unha división académico-administrativa previa, pero tornábanse inadecuados e obsoletos cando o que se pretende é alcanzar outros obxectivos, como unha formación multidisciplinar dos investigadores e investigadoras nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Ciencia Social e do Comportamento, un aumento da oferta de liñas de investigación, e unha redución-centralización do aparello administrativo.

    Esta proposta de Programa de Doutoramento establece ademais un marco que incentiva aos investigadores e investigadoras da nosa universidade para mellorar a cantidade e calidade da súa produción, e fortalecer as redes de colaboración con outras universidades do Estado e do estranxeiro (especialmente do ámbito europeo), e con institucións non universitarias de investigación.

  • ACTIVIDADES FORMATIVAS

    As actividades formativas a realizar durante o período do Doutoramento:

    • Xornada de orientación (4 horas)

    Planificación: terá lugar no primeiro trimestre de cada curso académico.

    Obxectivos e concreción da actividade: O Coordinador do programa organizará unha sesión informativa que terá como finalidade dar a benvida ao alumnado, así como facilitarlles detalles sobre a organización do programa, recursos dispoñibles, grupos de investigación existentes, bolsas…

    • Formación en procura de información e documentación en Ciencias Sociais (10 horas)

    Planificación: terá lugar no primeiro ano académico, segundo cuadrimestre.

    Carácter: Obrigatorio

    Diferenciación para alumnado a tempo parcial ou total: non existe, dado que a tarefa implica só 5 horas de asistencia.

    Posibilidade de convalidación da actividade: o alumnado que demostre ante o/a seu titor/a de maneira certificada que posúen devanditos coñecementos por ter realizadp un curso anteriormente, poderán obter a convalidación da actividade.

    Explicación da actividade: Unha parte fundamental do traballo na elaboración dunha Tese Doutoral é a formación previa do Doutorando/a no manexo e comprensión da literatura sobre o tema. Para iso é necesario saber buscar adecuadamente os documentos pertinentes. Por iso, os doutorandos/as deben adquirir coñecemento e habilidade no manexo das bases de datos bibliográficas que os titores/as recomenden. Para a súa realización o alumnado deberá inscribirse nun curso das principais bases de datos, con especial incidencia na Web of Science. Estes cursos ofértanse desde o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE).

    Procedemento de control: Control de asistencia da actividade e nivel competencial a posteriori verificado polo titor do alumno.

    • Formación en planificación da investigación e viabilidade da mesma (1 hora)

    Planificación: terá lugar durante o primeiro ano académico ao final do segundo cuadrimestre.

    Carácter: Obrigatorio

    Obxectivos e concreción: A elaboración dunha Tese Doutoral esixe que o alumno/a realice un exercicio de planificación de todas as fases que integran o seu traballo. Tras a formación bibliográfica efectuada na etapa anterior, debe planificar adecuadamente a investigación, segundo as indicacións do seu Director/a. Para iso, o alumno/a deberá realizar unha presentación pública do desenvolvemento do seu futuro traballo, enlazando a revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación, cos obxectivos, problema e hipótese do seu traballo concreto, e unha planificación metodolóxica para desenvolvelo.

    Convalidación: esta actividade será validada pola CAPD se o Director/a da Tese presenta un informe afirmando que o alumno provén doutro Programa de Doutoramento, e a súa Tese xa estaba finalizada no momento de ser admitido neste programa.

    Explicación da actividade: consistirá na exposición pública da revisión teórica realizada sobre o tópico de investigación e a previsión de cómo abordar o seu tema de investigación, seguida das achegas que a Comisión estime realizar. Dita comisión compoñerase de tres membros da Comisión Académica do Programa, e incluirá ao director de cada alumno/a. Deberá obterse unha cualificación de «Apto» neste exercicio por parte do alumnado. O tempo de exposición de cada alumno/a será de 15 minutos máximo, e o de debate da comisión con cada alumno doutros 15 minutos.

    Procedemento de control: Valoración da comisión (tres investigadores/as do Programa, un deles o/a titor/a ou o/a directora/a).

    • Habilidade de desenvolvemento de actividades de investigación en ámbitos científicos (20 horas)

    Planificación: terá lugar durante o segundo ano académico.

    Carácter: Obrigatorio.

    Obxectivos e concreción da actividade: Elaboración e presentación de dúas comunicacións científicas orais e/o posters en reunións científicas de carácter nacional ou internacional. Será necesario que o alumno acuda a dous eventos científicos diferentes, non podéndose superar o requisito no caso de presentar dous ou máis comunicacións ao mesmo evento, debido a que computaría como unha única comunicación. Para facilitar a consecución desta acción, o alumnado pode presentar acreditacións de presentación de traballos a congresos que se realizaron tamén durante o seu primeiro ano de Doutoramento. Fomentarase a publicidade destes eventos polos medios habituais de que se dispón: taboleiros publicitarios, redes sociais e páxinas web da Facultade e os grupos de investigación. Con esta actividade preténdese fomentar a mobilidade do alumnado do programa.

    Convalidación: esta actividade será validada pola CAPD se o alumno/a presenta xustificantes acreditativos de presentar unha comunicación ou un poster a un Congreso ou Xornadas, e a CAPD estima que a calidade do Congreso e da Comunicación é adecuada. Xunto cos xustificantes, débese presentar o texto da comunicación ou do poster.

    Procedemento de control: Esta actividade será aprobada pola CAPD se o alumno presenta xustificantes acreditativos de presentar unha comunicación ou un poster a un Congreso ou Xornadas, e a CAPD estima que a calidade do Congreso e da Comunicación é adecuada. Xunto cos xustificantes, débese presentar o texto da comunicación ou do poster.

    Actuacións de mobilidade: A asistencia a estes eventos poderá apoiarse nas bolsas e axudas que oferta a Universidade a este respecto. Con esta actividade preténdese fomentar a mobilidade do alumnado.

    • Presentación dos avances no traballo de investigación (1 hora)

    Planificación: citarase ao alumno/a á solicitude do seu Director/a, cando este/a informe que a Tese se considera terminada, é dicir, de maneira previa á autorización de defensa da mesma.

    Carácter: Obrigatorio.

    Convalidación: Esta actividade será validada por parte da CAPD cando o alumno/a proveña doutro Programa de Doutoramento e o seu Director/a informe de que dita Tese estaba terminada no momento de ser admitido o alumno/a en este programa.

    Explicación da actividade: Para o desenvolvemento da actividade, o alumno remitirá aos membros do tribunal a súa tese doutoral, sobre a que o tribunal emitirá un informe favorable ou desfavorable. Este tribunal será nomeado pola coordinación do programa a proposta do alumno e o seu director. Considérase un acto previo á lectura, e serve para verificar o seu avance. A comisión compoñerana tres membros do profesorado do programa, e incluirá ao director/a de o traballo. Outorgarase unha cualificación de Apto ou Non apto.

    Procedemento de control: Valoración da comisión (tres investigadores/as do Programa, un deles o/a titor/a ou o/a directora/a).

    No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao.

    PLANIFICACIÓN

    • Consulta AQUÍ o Regulamento de Estudos de Doutoramento
    • Consulta AQUÍ o Procedemento para a autorización do depósito da tese de doutoramento
    • Consulta AQUÍ as Recomendacións para a presentación das teses de doutoramento
    • Consulta AQUÍ as Recomendacións para o acto de defensa da tese de doutoramento
  • Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

    • Consulta AQUÍ o procedemento xeral de solicitude de admisión
    • Podes consultar AQUÍ o perfil do profesorado que forma parte do programa
  • O órgano académico responsable do programa de doutoramento e a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) a través do/a seu/súa coordinador/a, resolverá calquera dúbida que poida xurdir no desenvolvemento dos estudos de doutoramento e proporá as melloras que deriven das observacións e suxestións do alumnado.

    • Podes consultar AQUÍ a información sobre formación complementaria, aloxamento e servizos, actividades deportivas e culturais e participación na vida universitaria.
  • A EIUDC dispón dun Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC), de acordo cos Criterios e Directrices de Garantía de Calidade do EEES, aplicable a todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 impartidos na UDC.

    Comisión Académica do Programa de Doutoramento: é o órgano colexiado responsable da coordinación académica dos programas de doutoramento. Toma as decisións académicas relativas ao título e os seus estudantes. Establece as directrices e o marco de actuación do/a coordinador/a do título e de todas as persoas implicadas na titulación. Todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 e impartidos na UDC, incluídos os programas interuniversitarios non coordinados pola UDC, dispoñen dun coordinador do programa na UDC.

    Composición de la Comisión Académica 

    Comisión da Garantía de Calidade (CGC) da EIDUDC: é o órgano que participa nas tarefas de planificación e de seguimento do SGIC e dos títulos do centro, actuando ademais como un dos vehículos de comunicación interna da política, os obxectivos, os plans, os programas e as responsabilidades do centro. É a responsable de realizar os informes anuais de seguimento.

    • Consulta AQUÍ a Normativa da Escola Internacional de Doutorado.
    • Consulta AQUÍ a Memoria de Verificación.