A actividade “Obradoiro de Naturezas Híbridas”, celebrado o pasado mes de outubro co alumnado da Facultad de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación, tivo como obxectivo fundamental explorar formas de aprendizaxe activo que permitisen abordar e comprender problemas complexos por parte do noso alumnado. O obradoiro estivo centrado nas “naturezas urbanas” da cidade da Coruña. Mediante unha aproximación interdisciplinar entre as Ciencias Sociais, as Ciencias Medioambientais e as Ciencias da Comunicación, perseguíase que o alumnado se enfrentara a dificultade de comprender e analizar a relación entre a natureza, sociedade e cidade. Organizamos unha xornada de debate-saída-debate que tivo como destino uns dos espazos híbridos emblemáticos da ciudade da Coruña: O Monte de San Pedro e o Parque de Bens.