Grao en Socioloxía

Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

Grao en Socioloxía

A socioloxía dedícase a estudar a evolución das sociedades contemporáneas e a analizar como os procesos sociais que nelas se desenvolven afectan o comportamento humano, a interacción entre individuos e as traxectorias persoais. Ao mesmo tempo dá conta de como as accións, experiencias e oportunidades das persoas están modeladas pola súa posición na estrutura social e dependen de categorías socialmente construídas como a clase social, o xénero e a etnia.

A socioloxía é a ciencia que estuda a realidade social e describe e explica o funcionaminto social dos individuos: como pensan e se comportan as persoas e que diversas poden ser as nosas identidades sociais, as nosas relacións interpersoais e as prácticas que as conforman.

Para iso, a titulación do Grao en Socioloxía dedica unha ampla parte das súas materias a comprender teoricamente as relacións entre os individuos e as sociedades e incorpora materias dedicadas á aplicación práctica da metodoloxías e técnicas de investigación e análise propias das ciencias sociais. Entre elas, o peso fundamental atópase na estatística, as técnicas de análises multivariante e as técnicas etnográficas conducentes á análise do discurso e da narrativa.

Esta inmersión da socioloxía no contorno que a rodea adoita ser fonte de inspiración no noso alumnado que chega a encaixar estas ensinanzas cun forte espírito crítico ante a desigualdade e as inxustizas sociais. Por iso, é habitual ver como a facultade e os seus estudantes se relacionan moi de preto cos movementos sociais que discorren a escala local e global.