Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

Na Facultade de Socioloxía consideramos que a internacionalización das universidades supón un valor engadido para o noso alumnado que ten que chegar, se é posible, durante a súa traxectoria académica. A experiencia internacional mellora a empregabilidade do alumnado graduado, á vez que mellora as súas competencias transversais; precisamente as máis valoradas polos empregadores/as e os expertos/as en formación. É por iso que dende o Centro fomentamos os programas de intercambio a través do Programa Erasmus+ na súas tres vertentes:

1. Estudar algunhas materias en universidades coas que temos convenio, itinerario que pode realizarse a partir de terceiro curso.

2. Sistema de Voluntariado Europeo Erasmus+ que xestiona directamente a Fundación Paideia, pode realizarse durante calquera ano dous estudos de grao.

3. Programa de Practicum Internacional Erasmus+ que consiste en prácticas curriculares no cuarto ano, organizado pola Oficina de Relacións Internacionais da UDC, pero tamén o apoiamos dende a Dirección da Facultade.

A nosa experiencia co programa Erasmus é ampla e crece cada ano. As cifras de estudantes que contan cunha experiencia internacional é cada vez maior, tamén crece o número de estudantes internacionais que nos visitan, facendo da nosa Facultade un lugar máis diverso e máis rico culturalmente.

Na ligazón podes atopar información actualizada dos países e universidades cos que a nosa Facultade mantén convenios de intercambio. 

As persoas de contacto de apoio á mobilidade internacional son:

Matilde Massó Lago
Titora Erasmus+
Extensión: 4834
m.masso@udc.es

Begoña Crespo García
Directora da Oficina de Relacións Internacionais/coordinadora institucional Erasmus
Extensión: 1973
erasmus@udc.gal

Cristina Rodríguez
Fundación Paideia, Praza María Pita, 17
sve@paideia.es – Tlfo: 981 226 777
www.paideia.es