Sin categoría

Xornadas Novos retos novas metodoloxías

Xornadas Novos retos novas metodoloxías 1754 2480 Facultade de Socioloxía - UDC

A Facultade de Socioloxía, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, celebrará o vindeiro xoves 17 de outubro a xornada “Novos retos, novas metodoloxías”. Cun formato de mesa redonda, a sesión constituirá un punto de encontro interdisciplinar desde o que pensar, coa socioloxía e a antropoloxía, os novos retos e desafíos da sociedade contemporánea.

Os cambios ambientais, tecnolóxicos, económicos ou políticos, así coma os cambios nos paradigmas de participación e representación, obrigan ás ciencias sociais a repensar os seus repertorios epistemolóxicos e metodolóxicos. Para poñer en común estas novas metodoloxías, contarase coa presenza de tres investigadores novos pero cunha contrastada experiencia internacional: Sara Lafuente Funes (Institut für Soziologie, Goethe-Universität Frankfurt am Main), coa súa ponencia “Investigar prácticas biomédicas, seguir a los óvulos en laboratorios, aulas y trayectorias”; Adolfo Estalella (Universidad Complutense de Madrid), quen presentará “La ciudad, la etnografía y el inventorio de modos de indagación”; e Tomás Sánchez-Criado (Humboldt-University of Berlin), quen falará de “Spiel-Raum: Jugársela montando espacios de vecindad crítica”. A sesión dará comezo ás 16:00h. no salón de graos da Facultade de Socioloxía.

II Obradoiro de Naturezas Híbridas. Os límites ecolóxicos do urbano

II Obradoiro de Naturezas Híbridas. Os límites ecolóxicos do urbano 1080 1080 Facultade de Socioloxía - UDC

Benvida ao alumnado de novo ingreso

Benvida ao alumnado de novo ingreso 1920 1920 Facultade de Socioloxía - UDC

Convocatoria para el apoyo de becas y TFGs

Convocatoria para el apoyo de becas y TFGs 169 134 Facultade de Socioloxía - UDC

/wp-content/uploads/2019/08/BUSQUEDA_ALUMNOS_BECAS_MEC.pdf

A UDC con Recetas Urbanas

A UDC con Recetas Urbanas 1024 683 Facultade de Socioloxía - UDC

A Facultade de Socioloxía, a Fundación Luis Seoane e o Concello da Coruña estamos a promocionar a instalación dunha “Aula Libre” para a realización de actividades culturais, especialmente aquelas que sexan iniciativa do estudantado. Esa “aula” que terá forma de cabana foi deseñada polo arquitecto Santiago Cirugeda e forma parte do proxecto “Recetas Urbanas”. Será colocada no edificio LERD do Campus de Elviña. O seu obxectivo é crear conciencia sobre o papel activo que ten a cidadanía para intervir e alterar calquera contorna urbana dada, alentando as discusións sobre o uso e a propiedade do espazo público. O material de construcción é reciclado, de segunda man e reutilizado.

 O interesante deste proceso é que a “Aula” será construída de maneira colectiva pola comunidade universitaria (estudantes, docentes, persoal de xestión e servizos…), S. Cirugeda e o seu equipo técnico (composto por arquitectos/as e enxeñeiros/as). Por iso, enviamos esta chamada a voluntarios/as que queiran implicarse nesta experiencia de empoderamento da cidadanía a través da auto-construción . A instalación terá lugar durante o período 27 de maio e 5 de xuño.

Se queres formar parte de este proceso só tes que cubrir este formulario.

Corrección de erros – Listaxe definitiva candidatos 2º prazo 2019/2020 solicitudes mobilidades internacionais (Erasmus/ Bilateral)

Corrección de erros – Listaxe definitiva candidatos 2º prazo 2019/2020 solicitudes mobilidades internacionais (Erasmus/ Bilateral) 169 134 Facultade de Socioloxía - UDC

/wp-content/uploads/2019/05/correccion_errores2plazo.pdf

Contextos Universitarios Transformadores

Contextos Universitarios Transformadores 794 1123 Facultade de Socioloxía - UDC

As nosas compañeiras e compañeiros, Montserrat Golías, Elvira Santiago, Ariadna Rodríguez, Laura Román, Raimundo Otero, Carlos Diz e Jose Cortés veñen de compartir as súas experiencias de innovación docente na publicación Contextos universitarios transformadores: construindo espazos de aprendizaxe. III Xornadas de Innovación Docente. https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/21860

A Coruña Baleira?

A Coruña Baleira? 1316 1861 Facultade de Socioloxía - UDC

Dende o venres 30 de novembro ata o domingo 2 de decembro de 2018, na Fundación Luis Seoane, celebráronse as Xornadas cidadás, abertas e participativas de #EmptyCoruña . O venres e o sábado estiveron adicados a conferencias e debates e o domingo ao Roteiro Urbano. Ademais, dende o comezo das Xornadas estivo aberta ao público a Exposición de Empty Coruña.

A Universidade da Coruña incorpora a Boaventura de Sousa Santos ao seu Claustro de Honra

A Universidade da Coruña incorpora a Boaventura de Sousa Santos ao seu Claustro de Honra 1157 810 Facultade de Socioloxía - UDC

O mércores, 19 de setembro tivo lugar o acto de investidura como doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña do catedrático Boaventura de Sousa Santos.

 Boaventura de Sousa Santos é Catedrático xubilado da Facultade de Economía da Universidade de Coimbra, Distinguished Legal Scholar da Facultade de Dereito da Universidade de Wisconsin-Madison e Global Legal Scholar da Universidade de Warwick. É igualmente director do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra e Coordinador Científico do Observatorio Permanente da Xustiza Portuguesa. Ademais é coordinador científico dos Programas de Doutoramento: Human Rights in Contemporary Societies; Democracia no século XXI e Post- Colonialismos e Cidadanía Global. Foi tamén cofundador do programa de doutoramento de Dereito, Xustiza e Cidadanía no Século XXI. Ten traballos publicados sobre a globalización, socioloxía do dereito, epistemoloxía, democracia e dereitos humanos. Os seus traballos encóntranse traducidos ao español, ao inglés, ao italiano, ao francés, ao alemán e ao chinés.