Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

O Plan de Acción Tutorial (PAT) é o servizo de tutorización que o alumnado pode utilizar de forma optativa, pero que é recomendable para todos e todas, xa que permite aproveitar mellor todas as posibilidades que ofrece a universidade. O obxectivo fundamental do PAT e que cada estudante conte coa supervisión/tutorización de algún/ha docente para guiar a súa traxectoria académica, para aconsellar materias optativas según os seus intereses, para asesorar a vida formativa do alumnado. Pero, o PAT tamén é unha ferramenta de calidade do Grao de Socioloxía porque este programa mantén os mecanismos necesarios para que se produza unha correcta comunicación entre o alumnado e o profesorado, para que poidades participar activamente no deseño de contidos docentes e para que fagamos entre todos e todas unha Facultade máis sólida.

Quén te pode axudar? O profesorado de referencia do PAT son os Coordinadores e Coordinadoras de Curso, que prestarán atención ao estudantado, recepcionarán as súas demandas e cando se considere oportuno os derivarán ao profesorado titor, alumnado mentor (aos que tamén podes dirixirte directamente), ou outros servizos do centro e a universidade.

Coordinadores de curso:

1º curso: Laura Suárez Grimalt- laura.suarez.grimalt@udc.es

2º curso: Carmen Rodríguez Rodríguez – carmen.rodriguez2@udc.es

3º curso: Eleder Piñeiro Aguiar – eleder.pineiro.aguiar@udc.es

4º curso: Laura Román Masedo- laura.roman@udc.es

 En qué momento podes contar co PAT? As modalidades de titoría a desenvolver poderán ser de dous tipos: grupais e individuais. A frecuencia na súa utilización dependerá da necesidade sentida polo estudantado e polos coordinadores e coordinadoras de curso. En calquera caso poderás manter contacto con todos os axentes sempre que o precises.

En qué te pode axudar? Orientar, guiar, informar e formar nos diferentes aspectos da traxectoria académica, profesional e persoal, de modo que se acade o maior nivel de desenvolvemento. Ademáis das tutorías, levaranse a cabo actividades complementarias, curriculares e extracurriculares orientadas aos diferentes cursos do grao.

Cal é o teu compromiso? Participar nas actividades organizadas dende o PAT, nas titorías colectivas e nos procesos de avaliación.

Podes descargar o documento completo sobre o Plan de Acción Titorial da Facultade de Socioloxía

Listaxe de Profesorado Titor

Listaxe de Alumnado Mentor

Funcionamento do PAT na Facultade de Socioloxía