Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

O sistema de prácticas profesionais ten dúas vertentes: as prácticas extracurriculares voluntarias e as prácticas curriculares obrigatorias. Ambos programas supoñen o acercamento do alumnado ao oficio da socióloxía e son indispensables para a inserción no mercado laboral. A Facultade de Socioloxía fai unha clara aposta polo acercamento da universidade á rede empresarial do entorno e dispón de máis de sesenta convenios asinados con centros de prácticas en distintos puntos do territorio galego. Ademais, no curso académico 2018-2019 púxose en marcha o programa Erasmus +, que permitirá ao estudantado do Grao levar a cabo as súas prácticas no ámbito da Unión Europea. En definitiva, o alumnado do Grao en Socioloxía ten a oportunidade de realizar unhas prácticas curriculares que lle permiten desenvolver de xeito óptimo, e nun escenario profesional, as competencias propias da socioloxía adquiridas durante o decorrer do Grao.

Prácticas curriculares

Son unha importante actividade de carácter formativo a realizar obrigatoriamente no segundo cuadrimestre de cuarto curso. O desenvolvemento das prácticas, cunha carga docente de 12 créditos ECTS, supón a estadía nunha empresa, entidade non gobernamental, fundación ou institución da Administración, de 275 horas. As prácticas curriculares son unha ferramenta de aprendizaxe para a adquisición de competencias propias dun profesional da Socioloxía, así como un mecanismo óptimo de incorporación e toma de contacto co ámbito laboral. De feito, nos últimos tres cursos académicos, ao remate das prácticas curriculares, un 16% dos egresados e das egresedas da Titulación tivo a posibilidade de asinar un contrato laboral; de igual xeito, máis do 48% manifestou a posibilidade, nun futuro, de continuar vinculado laboralmente co seu centro de prácticas.

Procedemento xestión prácticas curriculares

Coordinación prácticas curriculares:

Paloma Moré Corral

Prácticas extracurriculares

Son unha actividade de natureza formativa. Teñen como obxectivo permitir ao estudantado complementar e aplicar os coñecementos adquiridos a través da súa formación académica. As prácticas favorecen a adquisición de competencias para o exercicio de futuras actividades profesionais polo que favorecen a súa empregabilidade. Sempre contan coa supervisión do profesorado da facultade e titorizacición profesional. Trátase de prácticas voluntarias, escollidas polo propio alumnado; incluso podedes propor empresas en que queirades facer prácticas e coas que a UDC podería asinar un convenio para tal fin. Cómpre ter superado o 50% dos créditos do grao (incluída a formación básica).

Coordinadora das prácticas extracurriculares:

Laura Román Masedo
laura.roman@udc.es

Prácticas internacionais Erasmus+

As prácticas internacionais consisten na realización dunha estadía nunha empresa estranxeira e na iniciación nela do oficio profesional. Son unha boa oportunidade para adaptarse ao contexto social e económico europeo e iniciar unha traxectoria internacional. A Facultade de Socioloxía está a apoiar este programa facilitando ao alumnado a súa instalación en tres empresas seleccionadas previamente e coas que mantivo contacto previo para garantir a viabilidade desta opción. Máis info 

Carmen Lamela Viera
Tutora Erasmus+
carmen.lamela@udc.es