MOPS

Máster Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria

Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social

O Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) orientase cara políticas sociais, a exclusión social e a intervención social e comunitaria. A titulación nace da necesidade emerxente da demanda de cualificación profesional, pero tamén de actualización de coñecementos por parte do ámbito académico-científico, que permitan a actuación ante as problemáticas sociais emerxentes na actualidade. O Mestrado está enfocado cara o amplo colectivo de alumnado egresado principalmente dos ámbitos da Socioloxía, a Ciencia Política, a Economía, a Educación Social e o Traballo Social, ao tempo que tamén resulta de interese para titulados/as de outras disciplinas, principalmente do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas. O MOPS ten unha duración de dous cursos académicos. No primeiro curso ofrécese unha formación especializada en políticas sociais, procesos de exclusión e intervención sociocomunitaria con materias de contidos teórico-prácticos e metodolóxicos. No segundo curso o estudantado deberá escoller unha especialidade: Migracións, Xénero, ou Envellecemento e transformacións familiares. O proceso formativo culmina ca realización das prácticas e do Traballo Fin de Mestrado (TFM).

Plan de estudos

Máis info

Plan de estudos

Máis info