Plan de Estudos
Horarios e Exames
Traballos de Fin de Grao
Prácticas profesionais
Relacións internacionais
Impresos
Convalidacións
PAT
O Plan de Acción Tutorial (PAT) é o servizo de tutorización que o alumnado pode utilizar de forma optativa, pero que é recomendable para todos e todas, xa que permite aproveitar mellor todas as posibilidades que ofrece a universidade. O obxectivo fundamental do PAT e que cada estudante conte coa supervisión/tutorización de algún/ha docente para guiar a súa traxectoria académica, para aconsellar materias optativas según os seus intereses, para asesorar a vida formativa do alumnado. Pero, o PAT tamén é unha ferramenta de calidade do Grao de Socioloxía porque este programa mantén os mecanismos necesarios para que se produza unha correcta comunicación entre o alumnado e o profesorado, para que poidades participar activamente no deseño de contidos docentes e para que fagamos entre todos e todas unha Facultade máis sólida.
Quén te pode axudar? O profesorado de referencia do PAT son os Coordinadores e Coordinadoras de Curso, que prestarán atención ao estudantado, recepcionarán as súas demandas e cando se considere oportuno os derivarán ao profesorado titor, alumnado mentor (aos que tamén podes dirixirte directamente), ou outros servizos do centro e a universidade.
Coordinadores de curso:
- 1º curso: Laura Suárez Grimalt- laura.suarez.grimalt@udc.es
- 2º curso: María José Andrade Suárez – maria.andrade@udc.es
- 3º curso: Estefanía Calo García – estefania.calo@udc.es
- 4º curso: Laura Román Masedo- laura.roman@udc.es
En qué momento podes contar co PAT? As modalidades de titoría a desenvolver poderán ser de dous tipos: grupais e individuais. A frecuencia na súa utilización dependerá da necesidade sentida polo estudantado e polos coordinadores e coordinadoras de curso. En calquera caso poderás manter contacto con todos os axentes sempre que o precises.
En qué te pode axudar? Orientar, guiar, informar e formar nos diferentes aspectos da traxectoria académica, profesional e persoal, de modo que se acade o maior nivel de desenvolvemento. Ademáis das tutorías, levaranse a cabo actividades complementarias, curriculares e extracurriculares orientadas aos diferentes cursos do grao.
Cal é o teu compromiso? Participar nas actividades organizadas dende o PAT, nas titorías colectivas e nos procesos de avaliación.
- Podes descargar o documento completo sobre o Plan de Acción Titorial da Facultade de Socioloxía
- Listaxe de Profesorado Titor
- Listaxe de Alumnado Mentor
- Funcionamento do PAT na Facultade de Socioloxía