MIAS

Máster Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria

Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social

O Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (MIAS) persegue profundar no manexo dos principais métodos e técnicas de investigación e a análise de datos no ámbito das Ciencias Sociais. O máster MIAS ten un carácter técnico e profesional, co que se pretende dotar ao alumnado de ferramentas e competencias clave para participar na flexibilización, especialización e innovación que esixe o mercado laboral hoxe en día. Os contidos do título estrutúranse nun conxunto de 60 créditos (un curso académico) dedicados ao estudo dos fundamentos da investigación social, os métodos e as técnicas de recollida e análise da información, prácticas curriculares e traballo de final. O obxectivo principal do título é que o alumnado aprenda a desenvolver as súas funcións dentro do ámbito da investigación social en institucións académicas, empresas, organizacións sen ánimo de lucro e administracións públicas.

Plan de estudos

Máis info

Plan de estudos

Máis info