Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

Traballo de Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria do Plan de Estudos do Grao en Socioloxía da UDC que conta cun total de 12 ECTS e consiste na realización por parte do alumnado dun proxecto ou estudo, no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no Grao de Socioloxía. O TFG ten por obxectivos integrar os coñecementos teóricos e metodolóxicos asimilados nun único traballo, facilitar o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado e demostrar que poden desenvolverse como profesionais no mercado de traballo.

ACTUALIDADE

O traballo titulado “Lingua, identidade e nova música en galego: un estudio de caso na mocidade universitaria de Galicia” da alumna Noelia Mato Varela recibe a distinción ao mellor TFG do curso 2023-24